El módulo de I.P.E. I (Itinerario Personal para la Empleabilidad I) es
un módulo transversal en todos los ciclos formativos de Formación Profesional
que persigue acercar al alumnado al mundo laboral a través de varias
disciplinas, en este sentido se puede decir que el módulo de IPE es un módulo interdisciplinar. Así, desde la
vertiente del Derecho del Trabajo forma a los alumnos en los derechos y
obligaciones básicas que recogen las leyes y los convenios colectivos, para que
estos dispongan de un mayor conocimiento sobre las normas que rigen la relación
laboral. Desde la vertiente de la Prevención de Riesgos Laborales forma a los
alumnos en una actitud positiva frente a la prevención de riesgos, conociendo
los factores de riesgos que influyen en su sector y las medidas de prevención y
protección necesarias. Desde la vertiente de la Orientación Laboral facilita a
los alumnos su inserción en el mercado laboral, elaborando la planificación de
un itinerario profesional y adquiriendo unas técnicas de búsqueda de empleo.
IPE I
Módulo profesional: Itinerario persoal para a empregabilidade I.
Nivel: primeiro curso dos ciclos de grao medio e superior.
Código: MP1709
Duración: 107 horas.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.
Unidade formativa 1: Prevención de riscos laborais.
* Código: MP1709_12.
** Duración: 50 horas.
RA1. Adquire as competencias necesarias para o desempeño das funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais consonte o establecido na normativa de prevención
de riscos laborais vixente.
– CA1.1. Valorouse a importancia da cultura preventiva en todos os ámbitos e as actividades da empresa ou do organismo equiparado, relacionando as condicións laborais coa
saúde da persoa traballadora, e identificando e clasificando os factores de risco na activi
dade e os danos derivados destes, especialmente as situacións de risco máis habituais nos
contornos de traballo do sector profesional relacionado co título.
– CA1.2. Clasificáronse e describíronse os tipos de danos profesionais relacionados co
perfil profesional do título, con especial referencia a accidentes de traballo e enfermidades
profesionais.
– CA1.3. Determinouse a avaliación de riscos na empresa ou no organismo equiparado
e definíronse as técnicas de prevención e de protección que deben aplicarse para evitar os
danos na súa orixe e minimizar as súas consecuencias.
– CA1.4. Analizáronse os protocolos de actuación en caso de emerxencia.
– CA1.5. Determináronse os principais dereitos e deberes en materia de prevención de
riscos laborais.
– CA1.6. Clasificáronse as formas de xestión da prevención na empresa ou no orga
nismo equiparado, en función dos criterios establecidos na normativa sobre prevención de
riscos laborais, e determináronse as formas de representación das persoas traballadoras
na empresa ou no organismo equiparado en materia de prevención de riscos.
– CA1.7. Valorouse a importancia da existencia dun plan preventivo na empresa ou no
organismo equiparado que inclúa a secuencia de actuacións que se deben realizar en caso
de emerxencia, e reflexionouse sobre o contido deste.
– CA1.8. Determináronse os requisitos e as condicións para a vixilancia da saúde da
persoa traballadora e a súa importancia como medida de prevención.
– CA1.9. Identificáronse as técnicas básicas de primeiros auxilios que se deben aplicar
no lugar do accidente ante distintos tipos de danos, así como a composición e o uso da
caixa de primeiros auxilios.
Unidade formativa 2: Empregabilidade e relacións laborais.
* Código: MP1709_22.
** Duración: 57 horas.
RA2. Distingue as características do sector produtivo e define os postos de traballo,
relacionándoos coas competencias profesionais expresadas no título.
– CA2.1. Analizáronse as principais oportunidades de emprego e de inserción laboral no
sector profesional, identificando as posibilidades de emprego e analizando os seus requisi
tos actuais para o perfil profesional.
– CA2.2. Comparáronse os requisitos exixidos polo mercado laboral coas exixencias
para o traballo na función pública relacionados co sector privado.
– CA2.3. Reflexionouse sobre as actitudes e as aptitudes requiridas actualmente para a
actividade profesional relacionadas co título, así como as competencias persoais e sociais
máis relevantes para o sector, identificando a zona de desenvolvemento próximo.
RA3. Analiza e avalía o seu potencial profesional, a súa vocación e os seus intereses
para se guiar no proceso de autoorientación, e elabora unha folla de ruta para a inserción
profesional con base na análise das competencias, dos intereses e das destrezas persoais.
– CA3.1. Avaliáronse as motivacións, as habilidades, as destrezas e os intereses pro
pios no marco dun proceso de autocoñecemento.
– CA3.2. Analizáronse as calidades e as competencias persoais afíns á actividade pro
fesional relacionada co perfil do título.
– CA3.3. Determináronse as competencias persoais e sociais con valor para o emprego.
– CA3.4. Sinaláronse as preferencias profesionais, os intereses e as metas no marco
dun proxecto profesional.
– CA3.5. Valorouse o concepto de autoestima no proceso de procura de emprego.
– CA3.6. Identificáronse as fortalezas, as debilidades, as ameazas e as oportunidades
propias para a inserción profesional.
– CA3.7. Identificáronse expectativas de futuro para a inserción profesional analizando
competencias, intereses e destrezas persoais.
– CA3.8. Valoráronse fitos importantes na traxectoria vital con valor profesionalizador.
– CA3.9. Identificáronse os itinerarios formativos profesionais relacionados co perfil profesional.
– CA3.10. Formuláronse obxectivos profesionais e determináronse metas persoais e
profesionais para a mellora da empregabilidade e as condicións de inserción laboral.
– CA3.11. Trazouse un plan de acción para desenvolver as áreas de mellora e potenciar
as fortalezas persoais con valor para o emprego.
RA4. Aplica as estratexias para a aprendizaxe autónoma recoñecendo o seu valor pro
fesionalizador, deseñando e optimizando a súa propia contorna de aprendizaxe con uso
das tecnoloxías dixitais como ferramentas de aprendizaxe autónoma, sendo coherente coa
súa identidade dixital e cos seus propios obxectivos profesionais, expostos no seu plan de
desenvolvemento individual.
– CA4.1. Tomouse conciencia da responsabilidade individual no desenvolvemento profesional, valorando a actitude de aprendizaxe permanente para o desenvolvemento das
propias e das novas competencias.
– CA4.2. Identificouse a empregabilidade como capacidade de adaptación ao contorno
laboral.
– CA4.3. Coñecéronse e utilizáronse ferramentas, fontes de información, conexións e
actividades para a configuración dun contorno persoal de aprendizaxe para a empregabilidade.
– CA4.4. Púxose en práctica a competencia dixital para configurar un contorno persoal
de aprendizaxe para a empregabilidade.
– CA4.5. Analizouse o concepto de identidade dixital e o seu impacto na empregabili
dade.
– CA4.6. Xustificouse o deseño do seu contorno de aprendizaxe baseada en como esta
mellora a empregabilidade.
– CA4.7. Elaborouse o seu plan de desenvolvemento individual como ferramenta para
a mellora da empregabilidade.
– CA4.8. Aplicáronse as ferramentas de aprendizaxe autónoma para o seu desenvolve
mento persoal e profesional.
– CA4.9. Deseñouse o contorno de aprendizaxe que permite alcanzar o plan de desen
volvemento individual.
RA5. Analiza as súas condicións laborais como persoa traballadora por conta allea e
identifícaas nos principais tipos de cambios e vicisitudes relevantes que se poden presen
tar na relación laboral, na normativa laboral e, especialmente, no convenio colectivo do
sector.
– CA5.1. Analizáronse as obrigas e os dereitos derivados da relación laboral, así como
as condicións de traballo pactadas nun convenio colectivo aplicable ao sector profesional
relacionado co título.
– CA5.2. Comparáronse as principais modalidades de contratación e localizáronse os
modelos nas fontes oficiais.
– CA5.3. Identificáronse as características definitorias dos novos contornos de organización do traballo e os dereitos que levan consigo.
– CA5.4. Identificáronse os compoñentes do recibo de salario.
– CA5.5. Identificáronse os recursos laborais existentes ante as vicisitudes que se po
den dar na relación laboral.
– CA5.6. Analizouse o papel da Seguridade Social como piar esencial para a mellora da
calidade de vida da cidadanía.
– CA5.7. Analizáronse as principais prestacións derivadas da extinción da relación la
boral.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
