Na Lei orgánica 3/2022 de ordenación e integración da formación profesional, establécese a ordenación dun sistema único e integrado de formación profesional que, servindo ao fortalecemento, a competitividade e a sustentabilidade da economía, sexa capaz de responder con flexibilidade aos intereses, ás expectativas e ás aspiracións de cualificación profesional das persoas, e ás competencias demandadas polas novas necesidades produtivas e sectoriais tanto para o aumento da produtividade como para a xeración de emprego.
A oferta de formación profesional articúlase nun sistema de graos de
formación profesional (A, B, C, D e E) que, caracterizándose pola súa amplitude e a súa duración, permiten deseñar itinerarios progresivos e acumulables, desde as microformacións
(grao A) ata os títulos e os cursos de especialización (graos D e E), e na obtención dunha
acreditación, certificación ou titulación.
No título III da Lei orgánica 3/2022 establécese o carácter dual da FP a as súas modalidades. O carácter dual desenvolverase mediante
unha distribución adecuada dos procesos formativos entre os centros de FP e as empresas ou organismos equiparados. A formación na empresa pasa a estar integrada co resto dos módulos profesionais das ensinanzas, o
que contribúe á adquisición dos resultados de aprendizaxe destes. As ofertas de formación
profesional poderanse desenvolver no réxime xeral e no réxime intensivo.
Como desenvolvemento da citada lei, apróbase o Real decreto 659/2023, do 18 de xu
llo, polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de formación profesional.
Seguindo o establecido na citada normativa, establécense módulos vinculados ás habilidades e ás capacidades transversais, á orientación laboral e ao emprendemento e á
mellora das competencias lingüísticas profesionais: Sustentabilidade aplicada ao sistema
produtivo, Dixitalización aplicada aos sectores produtivos, Itinerario persoal para a empregabilidade e Inglés profesional. Tamén introduce como novidade os módulos optativos nos
ciclos de grao medio e de grao superior, o proxecto intermodular de aprendizaxe colaborativa nos ciclos de grao básico e o proxecto intermodular nos ciclos de grao medio.
Os módulos actuais do departamento de FOL son:
- Itinerario persoal para a empregabilidade I (en primeiro curso)
- Itinerario persoal para a empregabilidade II (en segundo curso)
Módulos profesionais de Itinerario persoal para a empregabilidade I e II
En ciclos formativos de grao medio e superior, terán como finalidade:
-Coñecer as variables que contribuen á mellora da empleabilidade, da inserción laboral e da normativa laboral e sectorial vixente
- Conocer os itinerarios formativos e profesionais que axuden a súa inserción laboral ou continuar cá formación
- Desennvolver habilidades e capacidades transversais de orientación profesional e emprendemento
- Adquirir competencias para o desempeño das funcións de nivel básico en prevención de riscos profesionais