martes, 15 de septiembre de 2015

Benvidos ao departamento de FOL do IES As Mariñas


Nos novos títulos LOE, os módulos impartidos polo departamento de FOL  pasan a ser dous:

- FOL (Formación e Orientación Laboral), que varía en parte o seu contido e aumenta a súa duración ata as 4 sesións semanais, que se impartirán en primeiro curso.
O contido do módulo de FOL divídese en: Prevención de Riscos Laborais; Equipos de Traballo; Dereito do traballo e da Seguridade Social e Procura de Emprego.

- EIE (Empresa e Iniciativa Emprendedora), que terá unha duración de 3 sesións semanais e se impartirá en segundo curso.
O contido do módulo de EIE engloba, na súa maior parte, ao de AXCPE.


Os módulos impartidos polo departamento nos antigos títulos LOXSE eran:
- FOL (Formación e Orientación Laboral)
- RET (Relacións no Entorno/Equipo de Traballo)
- AXCPE (Administración, Xestión e Comercialización na Pequena Empresa)